Saímos de Arzúa pola empedrada rúa do Carme, por un unha contorna máis rural baixamos ata a fonte dos Franceses, cruzamos o río Vello e chegamos deseguido a ás Barrosas, seguimos baixamos ata o río Brandeso, ata chegar a Preguntoño, aldea da parroquia de Burres. Di a tradición que neste lugar os camiñantes sempre preguntaban por onde se ía a Santiago. Aquí desvíate para descubrir un novo tramo do camiño de Santiago e sorprenderémonos deste novo itinerario evitando cruzar a N-547.
Nada máis comezar o tramo atopámonos a 300 metros a Capela de Preguntoño onde pregunta o camiñante e pregunta o peregrino, se queres comezar un tramo con toda a esencia do camiño de Santiago.
Esta capela mandouna facer un emigrante regresado de Cuba, no século XVIII. Na fachada aparece a cruz co simbolismo da propia paixón das misións. O retablo é de estilo rococó coas imaxes de San Roque, a Virxe Peregrina, San Paio, San Pancracio, Santo Antonio de Padua.
Di a tradición que as nais preguntan o santo cando os nenos comezan a camiñar. O lugar da capela, Preguntoño, leva o seu nome por estar nunha encrucillada onde se perdían todos os peregrinos do Camiño.
Percorremos menos de dous quilómetros e atopamos un camiño á esquerda onde está a capela de Santa Marta da Riba (Santuario San Bieito) Ten a súa orixe en 1740, pertencente a un antigo pazo agora desaparecido das familias Aguiar e Montenegro.
A devoción nesta capela foi concedida orixinalmente a San Bieito, pero en 1928 pasou a Santa Marta. É curiosa a historia do intercambio de santos. A lenda conta que a capela, inicialmente dedicada a San Bieito, pasou a venerar a Santa Marta no ano 1928. Neste ano trasládase a escultura desta Santa á capela, desde unha fonte milagrosa do lugar.
A capela, de planta basilical, é o único que queda do antigo pazo da Riba. Atópase nunha carballeira cunha cruz de madeira no seu centro. Os fieis buscan en Santa Marta a curación dos problemas de oído.
Nesta aldea da Riba nunha fermosa paraxe, entre carballos e pastos frondosos, atópase a Queixería Barral. Nesta empresa elabóranse artesanalmente queixos das denominacións de Orixe Protexidas de Tetilla e de Arzúa-Ulloa, partindo da produción local de leite, de explotacións gandeiras que atoparemos máis adiante no camiño. Pódese visitar concertando para grupos, con degustación incluída.
500 metros mais adiante pasamos pola aldea do Rial para coller unha corredoira estreita entre muros e cruzando pastos e carballeiras, camiño cheo de valor patrimonial.
Percorremos durante dous quilómetros por unha estrada pouco transitada pasando pola aldea de Pousada e chegando de novo a unha corredoira estreita que servía de paso ás leiras próximas. Aquí divisamos a casa dos frades e ao rematala atopamos a ermida de San Xoán de Navas situada nunha paraxe illada, cuxa orixe está vinculada a uns fenómenos de natureza milagreira.
Esta lenda que alude á fundación do santuario foi recollida polo profesor de Humanidades e sacerdote Eduardo-Aurelio Cacheda Vigide, quen recompilou esta e outras lendas. Segundo refire este autor, eríxese o santuario no ano 1804, que é mandado edificar por unha pastora de Bustelo, da aldea de Navás. O motivo de erguela débese a que perdera o seu rabaño de ovellas durante unha forte tormenta e prometeu que onde atopase as ovellas erguería unha capela baixo a advocación de San Xoán Bautista. A sorte quixo que atopase as ovellas moi preto da aldea do Sixto, e alí foi onde mandou edificar este santuario.
Na entrada do adro existe unha fonte de pedra, coroada cunha cruz latina e con dous canos de saída de auga que verten nunha pía. Deles mana abundante auga e segundo a tradición é costume ir lavar a cara antes do amencer do día de San Xoán para evitar as erupcións cutáneas.
Durante cinco quilómetros percorremos pradarías e bosques pasando por Carral e Loureiros e podendo tomar contacto con paraxes rurais que están entre vivendas e explotacións gandeiras como Ganaderia Camba.
Entramos no concello de Touro para chegar á parroquia de Beseño en concreto en Oca de Abaixo e máis adiante na parroquia de San Fix o lugar de Laña de Abaixo. Onde podemos atopar aloxamentos rurais ao pé do camiño como: A Pena de Auga Santas (Oca de Abaixo) , Casa Míguez (Laña de Abaixo) que xunto ao Pazo de Andeade (Casa Grande) e Casa Assumpa (O Pumar) nos inicios do tramo, son as catro casas rurais nas que poderás aloxarte en Turismo rural de calidade e con encanto, e desfrutar da natureza dos seus arredores en pleno camiño histórico
A Pena de Auga Santas : http://casa-assumpta.com/
Cunha respectuosa restauración dos edificios e da recuperación paisaxística da leira. Actualmente, ofrece 7 cuartos dobres con baño.
Despois de pasar a aldea da Laña coa súa fonte e o seu rio do mesmo nome, percorremos cinco quilómetros por pistas deixando á marxe esquerda a igrexa de San Fix de Quión do século XVIII de estilo barroco e máis adiante podemos repoñer forzas nun típico comercio tradicional que forma parte da rede do Comercio Rural de Galicia, Casa Varela
Continuamos a nosa ruta avanzando cara a un dos camiños tradicionais con máis encanto do tramo que nos vai levar á mítica Carballeira do día 20 coa súa area recreativa onde se celebra os días 20 de cada mes unha feira onde se pode degustar o polbo.
Subimos polo camiño chamado do día 20 durante cinco quilómetros deixando o miradoiro do Picón á nosa esquerda e rematando na igrexa de Santa Eulalia de Arca coa súa reitoral e un fermoso hórreo.
A Igrexa é de estilo neoclásico e alberga non seu interior un curioso altar en forma de vieira. E segundo contan, a principios do século XIX, durante a Guerra da Independencia, no seu adro refuxiaronse as tropas de Napoleón cando ían camiño de Santiago.
Subindo xa cara ao Pedrouzo tras pasar entre sobreiras chegamos á estrada nacional onde podemos afrontar a ultima etapa oficial do CAMIÑO DE SANTIAGO.